jueves. 25.04.2024
As entradas para ver a Gisela están á venta en ataquilla.com
As entradas para ver a Gisela están á venta en ataquilla.com

O vindeiro sábado 21 de maio, ás 19:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acollerá a actuación de Gisela, a voz de Disney en España.

Chega a Verín Gisela Concert Kids, un espectáculo musical para toda a familia onde a artista, un fada máxica, carismática e con voz anxelical, introduciranos nunha fantástica e apaixonada viaxe de moitas aventuras Disney.

Os asistentes mergullaranse de cheo nos contos e cancións infantís que marcaron a infancia de varias xeracións tales como: "Sueña" (El Jorobado de Notredame), "Parte de él" (La Sirenita), "Ha nacido una estrella" (Hércules), "Aquella estrella de allá" (Peter Pan), "Bella y Bestia", "Colores al viento" (Pocahontas), etc…

Ademais, Gisela non virá soa… Chega acompañada dunha posta en escena espectacular, vestiarios animados, personaxes moi pero que moi coñecidos, decorados, e moitas máis cousas que conectasen aos espectadores de principio a fin co show durante máis dunha hora de duración.

As entradas xa están dispoñibles en ataquilla por 10 euros.

Gisela, a voz de Disney en España, actuará o 21 de maio en Verín