viernes. 26.04.2024
Gonzalo Caballero, na xuntanza ca militancia de Verín.
Gonzalo Caballero, na xuntanza ca militancia de Verín.

Gonzalo Caballero, o actual líder dos socialistas galegos, non se achegou ata a Festa da Cervexa de Verín, pero montou a súa pequena celebración conmemorativa na Casa da Cultura da vila cun cento de simpatizantes e militantes do PSdeG que ateigaron o salón de actos

Viña de Monterroso, en Lugo, e aínda tiña unha última cita coa militancia en Lalín (Pontevedra). Chegou cun lixeiro retraso e tivo, malia todo, uns minutos para dirixirse ás cámaras deste medio -que louvou- lembrando que este sábado se cumprían catro anos da súa chegada á secretaría xeral do PSdeG: "Hai catro anos que as bases me deron o respaldo maioritario para exercer esta responsabilidade, que apostaron por un Partido Socialista de Galicia que avance pola esquerda, feminista, ecoloxista e galeguista, e estou seguro que o vindeiro 30 de outubro recibirei de novo esa confianza para seguir avanzando nesa liña", apuntou. 

Gonzalo Caballero, na xuntanza ca militancia de Verín.Gonzalo Caballero, atendendo a Diario do Támega. | FOTO: M. D. 

Xa dentro agardábano máis dun cento de simpatizantes e militantes que non dubidaron un anaco en recibilo bailando ao son da que xa se está a converter na súa particular banda sonora triunfal, a "Bella Ciao", todo un hino antifascista de liberdade e resistencia que utilizaron os partisanos italianos para chamar á loita contra as forzas alemanas nazis que ocupaban Italia. 

Non vos creades o discurso rancio ese que utiliza Ayuso en Madrid: Ela non é a liberdade. Para ser libre ten que haber igualdade, non se pode ser libre cando nada tes (Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG)

Gonzalo Caballero, na xuntanza ca militancia de Verín.Caballero, cunha militancia entregada, antes de dirixirse aos presentes. | FOTO: M. D. 

Desa aproximación á dereita falou alto e claro Gonzalo Caballero na súa intervención: "No vos creades o discurso rancio ese que utiliza Ayuso en Madrid de que ela é a liberdade. Xa se que non o facedes, porque é falso, non se pode ser libre cando nada tes, para que haxa liberdade ten que haber igualdade, e ese é un dos principios fundacionais deste socialismo fundado por un galego, Pablo Iglesias, e do que eu me sinto tan orgulloso. Aquí estamos nós para garantir a igualdade, a solidariedade, a fraternidade, a defensa do colectivo, dunha sanidade pública forte, dunha educación pública de calidade, da dignidade dos nosos maiores, dun futuro para os xóvenes", remarcaba, sen deixar de lanzar dardos envelenados ao seu contrincante nestas primarias, o presidente da Deputación da Coruña e alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso: "Temos que acertar co futuro do partido, e o futuro desta formación centenaria non pasa precisamente por colocar ao fronte da secretaría xeral do PSdeG a un amiguete de Feijóo que se pasea da súa man en campaña", espetou. 

Nesa concurrida xuntanza tamén se deixaron ver os representantes da outra facción socialista da comarca, que encabezan o alcalde de Castrelo do Val, Vicente Gómez, e o aspirante á alcaldía de Vilardevós, Julio Prada. Foi precisamente neses dous municipios onde a lista de Noela Blanco obtivo o respaldo maioritario fronte a candidatura do alcalde socialista de O Carballiño, Franscisco Fumega, nas recentes consultas para elixir á representación ourensá no 40 Congreso Federal do PSOE. 

Caballero Míguez pechou o acto pedindo o respaldo das bases á súa xestión "votando o vindeiro 30 de outubro por un proxecto que siga avanzando pola esquerda", finalizou. 

G. Caballero: "O PSdeG non precisa a un secretario que se pasee da man de Feijóo, como...