sábado. 20.04.2024
Rodaxe da webserie. | FOTO : Cedida.
Rodaxe no Retiro do Conde. | Foto: cedida.

O Festival Internacional de Curtas de Verín (FIC), que terá lugar entre o 4 e o 12 de setembro, acollerá a proxección da webserie "Os tempos mortos do Führer", un proxecto nado en Ourense e rodado en lingua galega, cuxo adianto foi filmado no Retiro do Conde, no lugar de Vilaza, en Monterrei.

Segundo explican dende a organización, a webserie pretende ofrecer respostas ao espectador, en clave de ficción, sobre todo aquilo que ocupaba a Hitler nos seus ratos libres máis íntimos. Para iso, ó longo dos dez capítulos de cinco minutos cada un, amósase a cara oculta do seu día a día, afondando nos seus enredos, problemas, risas e sentimientos cun tono de comedia e satírico

Dende a produtora do proxecto, Conxuro Producións, considérase que o visionado desta webserie no FIC Vía XIV representa unha "ocasión idónea para dar visibilidade ao proxecto", dirixido por Daniel Rodríguez González e con guion a cargo de Diego Temes Garrido.

A webserie conta, ademais, coa presenza da xornalista de Verín, Esther Estévez, ben coñecida polo público por ser a presentadora do espazo da TVG, "Dígocho eu".

O Festival Internacional de Curtas de Verín proxectará a webserie "Os tempos mortos do...