viernes. 26.04.2024
Os concertos de música, un dos grandes atractivos desta última edición da Feira de Nadal. | FOTO: Carlos Montero.
Os concertos de música, un dos grandes atractivos desta última edición da Feira de Nadal. | FOTO: Carlos Montero.

Esta mañá, o concelleiro da área de Transporte, Feiras e Hostalería, Manuel Lorenzo, e a concelleira de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza, realizaron un balance "positivo" dos resultados da Feira de Nadal de Verín celebrada entre os días 4 e 8 de decembro na Praza García Barbón. Baseándose no cuestionario realizado polo Concello de Verín aos expositores participantes, o resultado é que o 80 por cento dos postos enquisados dan un aprobado ás vendas e o 90 por cento dos mesmos volverían a participar no evento.

As enquisas realizadas tamén preguntaban aos expositores por unha serie de cuestións vinculadas á feira, entre as que se lle preguntaba a súa valoración, puntuando de 1 a 5, sobre os seguintes asuntos (nota media): as instalacións (3,1), as ventas (3,42), os stands (3), a ubicación (4,6), o horario da feira (3,5), a animación musical (3,5), a limpeza (4,1), o horario (3,5) e, por último, o resto actividades (2,8).

Segundo salientou Manuel Lorenzo, a afluencia de público na Praza García Barbón durante toda a feira xunto á satisfacción dos expositores amosada nas enquisas fan que o balance final sexa positivo. "Sen dúbida", continuou Lorenzo, "podemos afirmar que, a pesar das inclemencias meteorolóxicas, a feira cumpriu as expectativas tanto na calidade dos produtos ofertados nos stands como nas actividades complementarias programadas".

Pola súa banda, Emilia Somoza quixo destacar a gran acollida que tivo a animación musical e que, sen dúbida, resultou ser o complemento ideal para a feira. "Tras o éxito obtido cos concertos, desde a área de Cultura traballaremos para ofrecer á cidadanía unha completa programación musical na seguinte edición, sempre buscando valorizar o talento dos nosos músicos e artistas locais que, como puidemos apreciar, haino e moito".

NOTICIAS VERÍN | Os expositores danlle un aprobado a unha feira de Nadal pasada por auga