O Concello de Verín vén de abrir o prazo para a inscrición de expositores na Feira de Outono que se celebrá na vila ó longo da fin de semana do 9 e 10 de novembro. Todos aqueles interesados en ter unha caseta e participar na feira deberán darse de alta antes do vindeiro 30 de outubro.
Será a quinta edición dunha feira que promove a exaltación dos produtos de tempada ecolóxicos, polo que para participar será condición indispensable que a temática do posto estea relacionada cos produtos alimentarios típicos de outono.
Como cada ano, a Feira de Outono estará ubicada nunha carpa na Praza Maior de Verín, con horario de mañá e tarde ó longo da fin de semana. Dende o Concello de Verín recomendan a rápida inscrición dos interesados, por mor da limitación de espazo para expor os produtos. Dita limitación fai que se realice a asignación de postos por orde de entrada e pagamento.