jueves. 18.04.2024
Na farmacia da Praza, como en moitas da comarca, xa están dispoñibles as máscaras da Xunta de Galicia.
Na farmacia da Praza, como en moitas da comarca, xa están dispoñibles as máscaras da Xunta de Galicia.

Esta mañá iniciouse a entrega de máscaras gratuítas á poboación con menos recursos no marco dunha colaboración entre as farmacias da provincia de Ourense e a Consellería de Sanidade.

Trátase dun kit de tres máscaras cirúrxicas que a Xunta pon ao dispor de persoas vulnerables, en concreto, para aquelas que teñan achega cero na prestación farmacéutica, así como dos pensionistas con límite de achega de 8,23 euros ao mes.
Para poder solicitalas, só é necesario que o beneficiario, ou unha persoa na súa representación, acuda á farmacia coa tarxeta sanitaria para poder comprobar se cumpre cos requisitos.

farmacia2O kit leva no seu interior tres máscaras cirúrxicas. 

Con todo, recoméndase non acudir a buscar os protectores ás farmacias durante os primeiros días para evitar colas innecesarias, xa que as máscaras estarán dispoñibles durante un mes. "Se non teñen previsto saír de casa ou xa dispoñen de máscaras, poderán recollelas cando as necesiten ou cando teñan que vir á farmacia para retirar os seus medicamentos", aconsella a titular da farmacia da Praza de Verín, María Espinosa.

As farmacias da comarca xa dispoñen das máscaras gratuítas para os pensionistas...