Venres. 29.03.2024
Hospital comarcal de Verín. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Hospital comarcal de Verín. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
O Servizo Galego de Saúde vén de confirmar o falecemento dun ancián de 93 anos no hospital de Verín. O óbito tivo lugar onte e o paciente presentaba, ademais da COVID, outras patoloxías previas. 

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.461. Deles 1.113 son da área da Coruña, 640 da de Lugo, 659 da de Ourense, 760 da de Pontevedra, 502 da área de Vigo, 608 da de Santiago, e 179 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 34 están en UCI, 200 en unidades de hospitalización e 4.227 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 17.572 persoas curadas, rexistrándose 726 falecementos. As últimas persoas falecidas en centros hospitalarios son un home de 93 anos que estaba ingresado no Hospital de Verín e un home de 87 anos que estaba ingresado no HULA. Ademais, engádese o falecemento, no seu domicilio da área sanitaria de Lugo, dunha muller de 88 anos. Todos eles con patoloxías previas.

Falece un ancián de 93 anos con coronavirus no hospital de Verín