10 de junio de 2019, 20:39
O centro de desenvolvemento corporativo do polígono de Pazos acollerá o día 13 de xuño un obradoiro de emprendemento e empoderamento.
O evento, patrocinado pola Asociación de Executivas de Galicia terá lugar entre as 11:30 h e a 13:30 h e contará, na súa inauguración, coa secretaria xeral de Emprego da Xunta de Galicia, Covadonga Toca Carús, e coa presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky.
As persoas que queiran apuntarse, poderán facelo a través do correo electrónico [email protected]. Nestas charlas aproveitarase para falar da sexualidade femenina, "un tema aínda tabú en moitas ocasións".