Xoves. 28.03.2024
A cativada poderá participar nos obradoiros temáticos "terroríficos" que haberá na Praza de García Barbón

Orcos, trolls e animalias encherán as rúas de Verín na "Noite de Medo"

En noites de lúa nova Verín vólvese escura... orcos, trolls, trasgos, alimañas e seres saídos da máis profunda escuridade dos tempos virán para envolvernos no seu delirio e facernos partícipes da súa tolemia. Queren levarnos con eles peregrinando coa maior das súas tolemias: o Orloc.

Coidado!! Non os mires directamente ós ollos, podes quedar atrapado nunha ETERNA VIDA ERRANTE!

Noite de Medo 2019
O equipo de Troula Animación será o encargado de converter as rúas verinesas nunha terrorífica "Noite de Medo".

A celebración da festividade celta do Samaín en Verín vai ser cousa de Errantes. A noite do 31 de outubro vai traer seres chegados das máis profundas escuridades do horror que invadirán as rúas verinesas perseguindo a aqueles que se atrevan a miralos para levalos ó mundo do terror inmemorial.

A que será a quinta edición da "Noite de Medo" terá como prato forte a posta en escena do espectáculo "Errantes", que a compañía Troula Animación interpretará polas rúas de Verín a partir das 23:00 horas do vindeiro xoves, 31 de outubro.

Un espectáculo que percorrerá as rúas da vila con instrumentos de percusión, zancudos, auga de lume, fachos e diversas e terroríficas personaxes caracterizadas que realizarán as súas danzas rituais con espectaculares efectos pirotécnicos durante todo o percorrido.

Ista mañá, Emilia Somoza, concelleira de Educación, Cultura e Festexos do Concello de Verín, presentaba a programación da quinta edición da “Noite de Medo”, organizada para que toda a veciñanza poda celebrar o Samaín na vila.

OBRADOIROS INFANTÍS

A pesar de que o espectáculo nocturno está pensado para todos os públicos, dende o Concello de Verín tamén organizaron actividades dirixidas ós máis pequenos. Será na Praza García Barbón, a partires das 18:00 horas, cando den comezo varios obradoiros nos que nenas e nenos poderán celebrar o Samaín infantil.

Caracterización e maquillaxe especial Hallowen, creación de chapas, actividades de globoflexia ou xogos temáticos para que a cativada sexa partícipe da celebración da festividade celta que conmemora o final da vendima e o comezo do inverno.

Orcos, trolls e animalias encherán as rúas de Verín na "Noite de Medo"