viernes. 19.04.2024
A segunda onda da pandemia está deixando un maior número de contaxios no Hospital de Verín.
Cinco equipos sanitarios do Sergas visitarán este xoves os 140 domicilios dos usuarios do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Verín.

O Concello de Verín confirmou que este xoves comezará o cribado entre os 140 usuarios do Servizo de Axuda no Fogar municipal, no que se detectaron, alomenos, os positivos dunha das súas auxiliares e dunha das anciáns á que atendía no seu domicilio, que acabaría contaxiando ao seu home -ambos permanecen hospitalizados no comarcal verinense- e a unha filla de ambos. 

Este mércores xa se lle realizaron as probas diagnósticas ás traballadoras e será este xoves cando se comece a percorrer os domicilios dos maiores beneficiarios do servizo municipal. O Sergas envía para o cribado a cinco equipos de profesionais sanitarios que irán acompañados de persoal da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín para que lle amosen de xeito rápido os enderezos de cada un dos anciáns que se someten á proba

Verín colócase con 28 casos activos

Este mércores, cos catro novos positivos detectados antes das 15:00 horas -Vilaza (Monterrei), 2; Verín, 1 e A Gudiña, 1-, a estadística de diagnósticos activos queda como segue:

  • Cualedro: 1
  • A Gudiña: 1
  • Monterrei: 4
  • Verín: 28
  • Oímbra: 1
  • Riós: 3

O Sergas comeza este xoves a recollida de mostras entre os usuarios do Servizo de Axuda...