O Ratiño Pérez, quen xa é un habitual en Verín noutras datas grazas á colaboración da Fundación Dentalnova, non quere perderse unha das festas máis emblemáticas da vila: o Entroido. Dito e feito; Antonio Justo convidouno porque: "O Ratiño Pérez tiña que vivilo de primeira man. Sabía que o Ratiño Pérez quedaría encantado co Entroido de Verín. Así que non o pensei dúas veces e inviteino a vivir esta experiencia tan nosa. Estou seguro de que o vai pasar xenial!".
E non é mofa. A colaboración entre a Fundación Dentalnova, o Concello de Verín e Sabela Souto naceu co obxectivo de poñer en valor e recuperar un dos traxes máis característico, querido e cheo de simbolismo do Entroido de Verín: o capuchón. Querido, pero case esquecido; polo que a idea é promovelo entre as novas xeracións. E, velaí que Sabela Souto organizou un obradoiro para ensinar a confeccionar capuchóns, o Concello cede a Casa da Xuventude como local e a Fundación Dentalnova súmase á iniciativa difundindo e promovendo a actividade coa súa personaxe máis querida: o Ratiño Pérez.
Obradoiro do Capuchón
Así que, para comezar a vivilo desde dentro, o Ratiño Pérez anotouse ao Obradoiro do Capuchón; unha oportunidade perfecta para que persoas de todas as idades poidan aprender a elaborar esta tradicional peza desde cero. Non se require experiencia previa, xa que os participantes recibirán asesoramento dende os primeiros pasos para personalizar o seu capuchón. A actividade comeza mañá e desenvolverase ao longo de dúas fins de semana en horario de tarde: os días 25 e 26 de xaneiro e 1 e 2 de febreiro, na Casa da Xuventude de Verín.
Durante o obradoiro, o Ratiño irá compartindo nas súa redes sociais de Dentalnova cada paso do proceso de creación do seu traxe. O Xoves de Comadres pola mañá, vestirá o seu capuchón feito a man e participará en el Desfile Infantil xunto aos nenos e nenas dos colexios da comarca no Desfile Infantil.
