lunes. 29.04.2024
Brais Quintairos, enfermeiro do SUMMA 112.
Brais Quintairos, enfermeiro do SUMMA 112.

Este sábado 16 de outubro, ás 18:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acollerá a charla "112 desde cero" impartida por Brais Quintairos, enfermeiro do Summa 112. Devandita conferencia busca achegar aos asistentes o mundo das emerxencias a través dun relatorio ameno e cercano.

Nunha sociedade na que os primeiros auxilios seguen sen incluírse nos niveis de educación obrigatoria, nesta conferencia intentarase proporcionar ao público as ferramentas básicas para actuar en situacións de risco vital.

Adoitamos pensar que este tipo de eventos sempre acontecen nun hospital, rodeados de sanitarios e cos medios necesarios; pero case nunca é así. Domicilios, bares, prazas, tendas... Son lugares nos que, en calquera momento, se pode poñer en xogo a vida dunha persoa... E nas mans de todos nós pode estar a solución ao seu problema!

O enfermeiro Brais Quintairos falará no auditorio da súa experiencia no SUMMA 112...