domingo. 19.07.2026

O Cinema do Concello de Verín amplía o horario para adquirir entradas

Esta fin de semana, do 12 ao 14 de decembro, Verín acolle unha programación cinematográfica para todos os públicos.

- "Extinción"

  • Sábado e domingo: 17:00 h

Un mozo fan dos superhéroes inicia unha amizade inesperada cun tigre en perigo de extinción, e xuntos emprenden unha arriscada misión de rescate. Animación, 81 minutos, todos os públicos.

- "Me has robado el corazón"

  • Venres: 20:30 h
  • Sábado e domingo: ás 19:30 e ás 22:00 horas

Eric, un enxeñeiro en fuga, engana a Vera para que o leve a Galicia despois de roubar un banco en Madrid. Road movie romántica protagonizada por Óscar Casas e Ana Jara, con escenas gravadas en Verín. Comedia romántica, 98 minutos, recomendada para maiores de 12 anos.

Venda de entradas

Venda exclusiva na taquilla da Casa da Cultura: venres, de 20:00 a 21:00; sábado e domingo, de 16:30 a 22:30. Prezo: 5 € por entrada. Poderanse mercar pases de calquera función programada, incluso de fins de semana anteriores xa anunciados.

 

O Cinema do Concello de Verín amplía o horario para adquirir entradas