domingo. 19.07.2026
Deporte e historia na comarca

Doce rutas gratuítas para descubrir o rico patrimonio natural do xeodestino Verín-Viana

Camiña o Xeodestino Verín-Monterrei
Cartel coas rutas do Xeodestino Verín-Monterrei.

xeodestino Verín-Viana, integrado polos concellos da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín—Cualedro, Castrelo do Val, Laza, Monterrei, Oímbra, Verín e Vilardevós— xunto con O RiósA GudiñaA MezquitaVilariño de Conso e Viana do Bolo, pon en marcha unha ambiciosa campaña de dinamización turística para este ano 2026.

O programa, que se estenderá ao longo de seis meses, deseñou un circuíto de 12 andainas gratuítas co obxectivo de achegar aos residentes e visitantes a enorme riqueza natural, histórica, etnográfica e paisaxística deste territorio do sueste da provincia de Ourense.

Este proxecto desenvólvese grazas ao convenio de colaboración asinado entre Turismo de Galicia e a mancomunidade, impulsando a cooperación intermunicipal como estratexia para consolidar unha oferta turística sostible, coordinada e desestacionalizada durante o verán e o outono. Para inaugurar este calendario de sendeirismo, o concello de Cualedro acollerá a primeira cita o vindeiro sábado 30 de maio, recuperando un dos seus trazados máis emblemáticos: a Ruta dos Castros.

Ruta dos Castros é un percorrido circular de 16 quilómetros con dificultade moderada (media-baixa), que sitúa a súa saída ás 09:00 horas dende o aparcadoiro do Castro da Saceda. Ao longo do camiño, os participantes poderán descubrir elementos patrimoniais de enorme interese, como a Cidá da Saceda —declarada Ben de Interese Cultural (BIC) no ano 2011—, o Castro de San Millao, os de balde muíños do río Pichos, o forno comunitario e a histórica pontella.

A participación é totalmente de balde, pero require inscrición previa obrigatoria a través da plataforma www.celtiatravel.com debido ao límite de prazas. Para obter información detallada, as persoas interesadas poden contactar coas oficinas de turismo de Verín ou de Monterrei.

Doce rutas gratuítas para descubrir o rico patrimonio natural do xeodestino Verín-Viana