martes. 07.05.2024
Pleno extraordinario do Concello de Verín, este venres 23 de xuño de 2023. | FOTO: Anabel García Simón.
Pleno extraordinario do Concello de Verín, este venres 23 de xuño de 2023. | FOTO: Anabel García Simón.

Esta mañá tivo lugar, no Concello de Verín, o pleno extraordinario de organización da Corporación local, onde quedaron perfectamente definidas as diferentes áreas de xestión municipal e os concelleiros responsables das mesmas. Tamén quedou configurada a xunta de Goberno local e determinadas as dedicacións exclusivas e parciais de parte dos concelleiros. O Pleno acordou tamén, por unanimidade, realizar as súas sesións ordinarias mensuais, o último venres do mes, ás 10:00 horas. Se o día no que corresponde realizar a sesión ordinaria coincidise con festivo, realizarase o mércores desa mesma semana, á mesma hora.

No que se refire á creación e composición das comisións informativas permanentes acordouse por unanimidade, a seguinte distribución:

- SEGURIDADE CIDADÁ, TRÁFICO E PROTECCIÓN CIVIL

- PERSOAL, RÉXIME INTERIOR E ASUNTOS XERAIS

- SANIDADE, SERVIZOS SOCIAIS E IGUALDADE

- ESPECIAL DE CONTAS, ECONOMÍA E FACENDA

- INFRAESTRUTURAS, OBRAS PÚBLICAS E SERVIZOS PÚBLICOS

- URBANISMO E PATRIMONIO

- AGRICULTURA E MEDIO AMBIENTE

- EDUCACIÓN E CULTURA

- INDUSTRIA, COMERCIO E TURISMO

- DEPORTES E XUVENTUDE

Seguindo os criterios de proporcionalidade fixados pola normativa reguladora, devanditas comisións estarán compostas por sete membros cada unha correspondendo tres ao grupo socialista, dous ao Bloque Nacionalista Galego  e dous ao Partido Popular.

Por outra banda, tamén se deu conta na sesión plenaria do nomeamento dos membros da xunta de Goberno local, tenentes de alcalde, así como da delegación de atribucións na xunta de goberno local, así como a delegación de servizos.

Membros da Xunta de Goberno Local:

  GERARDO SEOANE FIDALGO

DIEGO LOURENZO MOURA

ROSARIO RODRÍGUEZ DELGADO

CÁNDIDA COUÑAGO LARA

MANUEL LORENZO FEIJOÓ

PURIFICACIÓN CALDELAS RODRÍGUEZ

1º tenente de alcalde: DIEGO LOURENZO MOURA

2ª tenente de alcalde: ROSARIO RODRÍGUEZ DELGADO

 

A distribución das áreas de xestión municipal delegadas será a seguinte:

1. ÁREA DE URBANISMO E FACENDA

Comprenderá o planeamento e a xestión urbanística do territorio, a vivenda e a rehabilitación do casco antigo. Disciplina medioambiental, infraccións urbanísticas, edificios en ruínas e estacionamentos.

Na área de facenda corresponde a elaboración e xestión orzamentaria, tributos e tesourería.

  • Concelleiro: GERARDO SEOANE FIDALGO (PSdG - PSOE)

 

2. ÁREA DE PERSOAL, RÉXIME INTERIOR E DEPORTES

No ámbito de persoal e réxime interior, será o responsable da coordinación do cadro de persoal funcionario e laboral, cadro de persoal do servizo de dependencia (e a súa xestión), negociación laboral, selección de persoal, optimización dos recursos humanos e funcións de organización e xestión do réxime interior.

En Deportes, xestión do deporte municipal e as súas instalacións deportivas.

  • Concelleiro: DIEGO LOURENZO MOURA (BNG), quen non terá adicación exclusiva. Tomará posesión como parlamentario por Ourense no Pazo do Hórreo o vindeiro martes. 

 

3. ÁREA DE BENESTAR SOCIAL

Responsable das políticas sociais e dos servizos sociais xerais, plan xitano, inmigración, educación e formación, infancia, traballos comunitarios, maiores (Centro de día e xeriátrico).

  • Concelleira: ROSARIO RODRÍGUEZ DELGADO (PSdG - PSOE)

 

4. ÁREA DE SANIDADE E HOSTALERÍA

Comprenderá os servizos de sanidade e relación co sector hosteleiro.

  • Concelleiro: JOSÉ LUIS MARTÍN DOMÍNGUEZ (PSdG - PSOE)

 

5. ÁREA DE XARDÍNS, OBRAS E SERVIZOS PÚBLICOS

Responsable da xestión da Brigada de Obras e xardíns.

Limpeza, recollida de lixo, iluminación, cemiterio, aparcamento soterrado e matadoiro.

  • Concelleiro: JULIO VIÉITEZ PARDELLAS (PSdG - PSOE)

 

6. ÁREA DE TRÁFICO, SEGURIDADE CIDADÁ E PROTECCIÓN CIVIL

Comprenderá as seccións de tráfico, Policia Local e Protección Civil. Seguridade cidadá e coordinación das emerxencias. Ocupación de vías públicas e venda ambulante.

  • Concelleira: CÁNDIDA COUÑAGO LARA (PSdG - PSOE)

 

7. ÁREA DE FEIRAS, TRANSPORTE E XUVENTUDE

Responsabilidade de transportes e taxis, feiras e xestión de políticas de xuventude.

  • Concelleiro: MANUEL LORENZO FEIJÓO (PSdG - PSOE)

 

8. ÁREA DE AUGAS

Comprenderá a xestión de augas municipais.

  • Concelleiro: VICENTE GONZÁLEZ PÉREZ (PSdG - PSOE)

 

9. ÁREA DE COMERCIO

Promoción do comercio local.

  • Concelleira: MARÍA ISABEL GONZÁLEZ FERNÁNDEZ (PSdG-PSOE)

 

10. ÁREA DE PEDANÍAS E PARTICIPACIÓN CIDADÁ

 Relación coas parroquias e as súas pedanías. Participación cidadá.

  • Concelleiro: EUGENIO QUINTAS ALBORES (BNG)

 

11. ÁREA DE CULTURA, CONSERVATORIO, FESTEXOS E TURISMO

Comprenderá os servizos da programación cultural, festiva e de ocio. Xestión do CMUS, Escola de Artes e Oficios, Biblioteca, Auditorio e Centros Culturais. Promoción Cultural.

No ámbito do turismo corresponde o fomento do turismo e a promoción de balnearios e termalismo.

  • Concelleira: SAMANTA BARREIRA VIVIÁN (BNG)

 

12. ÁREAS DE DESENVOLVEMENTO RURAL, MEDIOAMBIENTE E IGUALDADE

Comprenderá todas as accións destinadas ao fomento do rural.

Montes e sanidade ambiental. Desbrozes. Ecoloxía. Sanidade Animal e refuxio de animais abandonados.

Será responsable de Igualdade.

  • Concelleira: PURIFICACIÓN CALDELAS RODRÍGUEZ (BNG)

 

13. ÁREA DE DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Promoción do emprego e xestión de Parques Empresariais.

  • Concelleiro: ABELARDO MEIRIÑO VIEITES (BNG)

 

En canto as delegacións do pleno na xunta de goberno local aprobáronse, por 12 votos (8 PSdeG - PSOE e 4 BNG) a favor e 4 abstencións do Partido Popular as seguintes atribucións:

- O exercicio de accións xudiciais e administrativas e a defensa da Corporación en materias de competencia plenaria.

- Declaración de lesividade dos actos do concello.

- Aprobación de proxectos de obras e servizos, cando aínda non estean previstos nos orzamentos.

- Establecemento ou modificación dos prezos públicos.

- Solicitude, xustificación e aceptación de subvencións do Estado, da Xunta de Galicia, da Deputación Provincial ou de calquera outro organismo cuxa normativa atribúa ao Pleno a súa competencia.

- Acordar a consideración de construcións, instalacións ou obras de especial interese ou utilidade municipal para os efectos das bonificacións previstas no artigo 6 da Ordenanza fiscal e reguladora do imposto de construcións, instalacións e obras.

 

Dedicacións exclusivas

No referente as dedicacións dos concelleiros, o pleno aprobou por 12 votos (8 PSdeG - PSOE e 4 BNG) a favor e 4 en contra do Partido Popular a seguinte estrutura:

• Dedicación exclusiva (xornada de 95%) para a responsabilidade exercida polo Alcalde e responsable das áreas de Urbanismo e Facenda.

GERARDO SEOANE FIDALGO (PSdG - PSOE)

• Dedicación exclusiva para a responsabilidade exercida pola 2º Tenente de Alcalde e Concelleira Delegada da área de Benestar Social.

ROSARIO RODRIGUEZ DELGADO (PSdG - PSOE)

• Dedicación exclusiva para a responsabilidade exercida polo Concelleiro Delegados das áreas de Xardíns, Obras e Servizos Públicos.

JULIO VIÉITEZ PARDELLAS (PSdG - PSOE)

• Dedicación exclusiva para a responsabilidade exercida pola Concelleira Delegada das áreas de Cultura, Conservatorio, Festexos e Turismo.

SAMANTA BARREIRA VIVIÁN (BNG)

 

Por último aprobouse, por 12 votos (8 PSdeG - PSOE e 4 BNG) a favor e 4 abstencións do Partido Popular, a creación dos postos persoal eventual correspondentes a Administrativa-secretaría da Alcaldía e Secretaría de prensa e comunicación.

Diego Lourenzo será parlamentario no Hórreo e concelleiro de Persoal en Verín sen...