miércoles. 24.04.2024
Daniel Caneiro, en el acto de presentación de las candidaturas del PSdeG en la comarca. | FOTO: Anabel García Simón.
Daniel Caneiro na xuntanza de proclamación de candidatos celebrada o pasado 11 de marzo en Verín. | FOTO: Anabel G. Simón.

Daniel Caneiro Villarino volverá a ser o candidato á alcaldía do Riós nas eleccións do vindeiro mes de maio. Entre os seus obxectivos, o candidato socialista destaca: atender as reivindicacións da veciñanza, loitar contra o despoboamento, apostar polos recursos naturais e axudar á natalidade para o que ve necesario crear unha serie de axudas ás que as familias poidan acudir.

O voceiro do PSdeG-PSOE explica que a situación económica provocou que nos próximos 11 anos “estaremos sometidos a un plan de saneamento que lle suporá ó concello unha serie de problemas e que vén motivado pola pésima xestión e administración do equipo de goberno”. Polo que ante esta situación os socialistas do Riós presentan un equipo “moi preparado, con ilusión e con moitas ganas de traballar por este concello”.

En próximas datas darase a coñecer o programa electoral, pero namentres destaca como outro dos puntos de traballo intentar frear o despoboamento que paulatinamente leva ó municipio á desaparición e apunta á necesidade de apostar pola Denominación de Orixe Monterrei e sacarlle partido a recursos naturais como son a castaña, as setas ou o mel. 

NOTICIAS VERÍN | Daniel Caneiro encabezará a candidatura do PSdeG á alcaldía do Riós...