5 de noviembre de 2025, 20:20
O Concello de Verín informou de que este xoves 6 de novembro se producirán diversos cortes de tráfico e restricións de estacionamento con motivo da filmación dunha serie da plataforma Netflix no núcleo urbano.
As limitacións afectarán ás seguintes rúas e franxas horarias:
🚧 De 08:00 a 13:00 horas
(restricións de circulación e estacionamento)
-
Praza García Barbón
-
Rúa Lisa
-
Rúa da Cruz
🚧 De 15:00 a 19:00 horas
(restricións de circulación)
-
Avenida de Portugal (no tramo entre Rúa Constitución e Avenida Luis Espada)
Dende o Concello solicítase a colaboración da cidadanía e desculpan as posibles molestias que estas medidas poidan ocasionar, lembrando que se trata dunha actividade de especial relevancia para a promoción e proxección do municipio.
