María D.
15 de agosto de 2021, 12:50
Novos datos oficiais proporcionados polo Servizo Galego de Saúde en canto á incidencia da Covid-19. O concello de Vilardevós é o único municipio da comarca en rexistrar subidas nas últimas 24 horas, pasando de 8 a 10 contaxiados.
Pola contra, Verín reduce os seus positivos de 58 a 50; e Monterrei, Castrelo do Val e Cualedro perden un, situándose en 29, 3 e 2 respectivamente. O caso máis salientable de perda de casos é o concello de Riós, que se reduce á metade, pasando dos 16 de onte aos 8 do día de hoxe.
O resto de municipios, Laza e Oímbra, manteñen os datos da xornada anterior, con 4 e 5 contaxiados. En total na comarca hai, arestora, 111 casos activos.
- Castrelo do Val: 3 casos (-1)
- Cualedro: 2 casos (-1)
- Laza: 4 casos
- Monterrei: 29 casos (-1)
- Oímbra: 5 casos
- Riós: 8 casos (-8)
- Verín: 50 casos (-8)
- Vilardevós: 10 casos (+2)