viernes. 19.04.2024
Centro de saúde de Castrelo do Val.
Centro de saúde de Castrelo do Val

No día de onte o Servizo Galego de Saúde confirmaba un novo caso activo no concello de Verín. Trátase dun rapaz de 24 anos, residente na localidade e empregado da gasolineira de Riós. No día de hoxe, segundo puido saber un equipo do Diario do Támega, rexístranse catro novos casos relacionados con este último. Son tres mulleres, de 39, 52 e 54 anos, e unha nena de 1, que forman parte do mesmo colectivo familiar. Dúas delas residen na localidade de Veiga do Nostre, en Castrelo do Val, polo que, coa difusión dos datos oficiais, o Sergas confirmará en que concello se rexistra cada positivo. 

CORONAVIRUS VERÍN | Gromo familiar de cinco positivos entre Verín e Castrelo do Val