luns 23/05/22
Cribado realizado en la lonja agropecuaria de la villa, el pasado 1 de mayo de 2021. | FOTO: M. D.
Cribado realizado na lonxa agropecuaria de Verín. | FOTO: M. D.

Continúa a tendencia á baixa dos últimos días nos municipios da comarca con máis incidencia de casos. Segundo os datos proporcionados polo Sergas, rexístranse descensos de casos positivos nos municipios de Laza, que se sitúa en 11, dous menos que no día de onte; Cualedro, que baixa un caso positivo e queda con 2; e Verín, que rompe coa estabilidade dos últimos días e rexistra dous positivos menos, igualando a Laza nos 11.

O resto de municipios da comarca non rexistra modificacións con respecto aos datos dos pasados días:

  • Vilardevós: 2 casos
  • Riós: 1 caso
  • Castrelo do Val, Oímbra e Monterrei: 0 casos

 

CORONAVIRUS VERÍN | Descenso dos casos positivos en Laza, Cualedro e Verín
comentarios