martes 28/09/21
Os maiores de 40 anos poden acceder á repesca

CORONAVIRUS VERÍN | O Sergas comezará a vacinar aos mozos de 14 a 16 anos a vindeira semana

O control previo á vacina no hospital de Verín. | FOTO: M. D.
O control previo á vacina, esta mañá no hospital de Verín. | FOTO: M. D.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, vén de anunciar tamén que a vindeira semana, comezará a quenda de vacinación dos mozos de entre 14 e 16 anos, colectivo que será citado a través dun SMS entre o día de hoxe e mañá. O titular de Sanidade valorou positivamente o feito de chegar á inmunización neste rango de idade de cara a traballar na volta ao curso escolar previsto para mediados de setembro.

Non obstante, algúns mozos xa recibiron unha ou dúas doses tras conseguir cita a través do sistema de autocita. Por outra banda, os maiores de 40 anos que, por calquera motivo, non poideran acudir ou non recibiran citación poden facer uso da repesca e solicitar a súa quenda na páxina web do Sergas ou chamando por teléfono.

Un mozo de 16, na UCI

Pese a que a nosa é a comunidade autónoma con menor ocupación en planta de camas con pacientes contaxiados de coronavirus, hai un elevado número de mozos nos hospitais autonómicos, algún na Unidade de Coidados Intensivos. O conselleiro quixo destacar durante a súa intervención, que un mozo de 16 anos se atopa hospitalizado na UCI e pide precaución porque "o virus segue activo e contaxiando", afirmou. O Sergas tamén mostra preocupación pola situación dos maiores de 80 anos, cuxos contaxios seguen á alza.

CORONAVIRUS VERÍN | O Sergas comezará a vacinar aos mozos de 14 a 16 anos a vindeira...
comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade