jueves. 25.04.2024
A residencia San Martiño, da Mezquita, foi a primeira da comarca en recibir a vacina.
A residencia San Martiño, na Mezquita.

Un traballador da residencia de anciáns San Martiño, na Mezquita é, dende o pasado venres, un dos casos positivos por coronavirus na comarca. Trátase dun mozo de 22 anos que recibira a pauta completa da vacina hai case medio ano. Foi inoculado coa primeira dose de Pfizer o pasado decembro e coa segunda tres semanas despois, xa en xaneiro deste mesmo ano.

Tras a realización dun test de antíxenos no centro, resultou ser o único positivo que, máis tarde, se confirmaba coa realización dun cribado xeral. O resto de traballadores e residentes foron negativos. Polo momento, o home non presenta síntomas destacables.

Oito casos na comarca

Este novo positivo, con residencia en Verín, fai que os casos activos no municipio pasen dos tres deste domingo aos catro que se rexistran hoxe luns

Castrelo do Val mantén os catro casos activos das últimas xornadas.

O resto de concellos non ten positivos entre os seus habitantes

CORONAVIRUS VERÍN | Un cribado na residencia da Mezquita confirma un único positivo coa...