sábado. 20.04.2024
Concello de Verín. | FOTO: Iván Iglesias.
Concello de Verín. | FOTO: Iván Iglesias.

Trala boa tendencia na comarca no día de onte, o Servizo Galego de Saúde volve anunciar unha subida de casos en Cualedro, que pasa de 6 a 8 nestas últimas 24 horas, e en Verín, que gaña un positivo pasando de 43 a 44.

Contraponse a situación de Monterrei e Riós, que continúan a súa particular desescalada e baixan ata os 2 e 1 respectivamente. O resto de municipios non sofren variacións e os datos de hoxe quedan así:

  • Verín: 44 (+1)
  • Cualedro: 8 (+2)
  • Laza: 6
  • Vilardevós: 4
  • Monterrei: 2 (-2)
  • Oímbra: 1
  • Riós: 1 (-1)
  • Castrelo: 0

CORONAVIRUS VERÍN | Nova subida de casos en Cualedro e Verín