sábado. 20.04.2024
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, falou hoxe nos micrófonos da Radio Galega.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, falou hoxe nos micrófonos da Radio Galega.

O Comité Clínico da Xunta de Galicia decidiu regresar ao nivel de restricións previo e reverteu as medidas adoptadas en decembro. O ocio nocturno volverá abrir até as 4:30 horas, no caso dos locais, e até as 5:00 horas as discotecas. Volvese permitir o consumo en barra e os eventos musicais con público de pé. O máximo de persoas por mesa na hostalaría en exteriores volverá a ser de 15 persoas. E, o que máis afecta aos entroidos, as restricións de reunións nas rúas, desaparece. Permitiranse reunións de persoas non convivintes entre as 3:00 e as 6:00 horas.

A restricións reláxanse "ante a consolidación da tendencia descendente nos datos de incidencia acumulada da covid-19 en Galicia, tanto a 7 como a 14 días, e tendo en conta a situación de outros factores de risco como a ocupación hospitalaria por covid ou a porcentaxe de positividade das probas diagnósticas", explicou Sanidade nun comunicado urxente aos medios unha vez rematada a rolda de prensa do Comité Clínico este mércores. 

Entre as medidas máis esperadas, e avanzada onte polo presidente da Xunta, está o horario de peche da hostalería, que se amplía e volverá a ser até a 1 da madrugada, agás venres e sábados, que será até as 01:30 horas.

A Xunta fai fincapé en que Galicia "se atopa cos menores datos de todas as comunidades autónomas", e ademais conta cun "alto grao de vacinación da poboación galega", que, subliñan os responsábeis sanitarios, está "moi por riba da media nacional en porcentaxe de poboación vacinada con dose de reforzo".

Así queda a estadística este mércores 26 de xaneiro de 2022:

  • Castrelo do Val: 5 (+ 2) 
  • Cualedro: 36 (+ 2)
  • Laza: 4 
  • Monterrei: 30 (- 8)
  • Oímbra: 15 (- 1)
  • Riós: 29 (- 3)
  • Verín: 319 (- 27)
  • Vilardevós: 20 (- 2)
  • A Gudiña: 33 (+ 2)
  • A Mezquita: 13 (- 4)

 

CORONAVIRUS VERÍN | Os Entroidos celebraranse coas restricións de antes do Nadal