Mércores. 30.11.2022
Centro de saúde de Castrelo do Val.
Centro de saúde de Castrelo do Val.

Tras catro xornadas a cero, o concello de Castrelo do Val rexistra un novo caso positivo e convértese no único municipio en rexistrar subidas no día de hoxe. En tres concellos continúa a desescalada e perden casos, como son Riós -que queda sen influencia da Covid-, Verín -que descendeu catro positivos- e Cualedro, cunha perda de dous contaxiados. 

O resto de municipios manteñen a estabilidade das últimas 24 horas e os datos quedan así:

  • Verín: 39 (-4)
  • Cualedro: 6 (-2)
  • Laza: 4
  • Monterrei e Vilardevós: 2
  • Castrelo do Val: 1 (+1)
  • Oímbra: 1
  • Riós: 0 (1)

CORONAVIRUS VERÍN | Sobe Castrelo e deixa a Riós como o único municipio a cero
comentarios