mércores 20/10/21
António Costa vén de comparecer logo do consello de ministros

CORONAVIRUS VERÍN | O primeiro ministro luso anuncia que Portugal abre a fronteira con España

O primeiro-ministro, António Costa, fala aos jornalistas após a reunião do Conselho de Ministros no Centro Cultural de Belém, Lisboa, 15 de abril de 2021. MANUEL DE ALMEIDA/LUSA
O primeiro ministro, António Costa, na comparecencia logo do Conselho de Ministros no Centro Cultural de Belém, en Lisboa. | FOTO: Manuel de Almeida.

António Costa, o primeiro ministro do Goberno portugués, vén de informar en comparecencia de prensa pasadas as 21:00 horas, logo de rematado o consello de ministros, que o estado de emerxencia será substituído polo de calamidade a partires das 00:00 horas do primeiro de maio. 

Entre as medidas que contempla o novo estado no veciño país portugués está a da apertura da fronteira con España. Ademais, os centros comerciais e establecementos poderán abrir ata as 21:00 horas durante a semana e ata as 19:00 horas a fin de semana e festivos. 

Restaurantes, cafés e pastelerías non terán límite horario.
 

CORONAVIRUS VERÍN | O primeiro ministro luso anuncia que Portugal abre a fronteira con...
comentarios