viernes. 26.04.2024
Cribado poboacional en Laza.
Cribado poboacional en Laza.

Nova xornada de aumento de casos na comarca. Segundo puido saber Diario do Támega, o concello de Laza volve rexistrar un positivo, unha moza de 27 anos, despois de varias semanas a cero. Mesma situación na Mezquita, que suma a unha muller de 77 anos contaxiada pola enfermidade

Tamén unha nena de 10 anos, natural de Oímbra, aínda que con asistencia médica en Verín, resultou positiva nas últimas horas.

Datos do Sergas

Os datos oficiais proporcionados polo Servizo Galego de Saúde aínda non reflicten os anteriores casos polo que a listaxe continúa do seguinte xeito:

  • Cualedro: 1
  • Oímbra: 1
  • Verín: 1
  • Castrelo, Laza, Monterrei, Riós y Vilardevós: 0

 

CORONAVIRUS VERÍN | Laza e A Mezquita volven rexistrar cadanseu positivo