7 de agosto de 2021, 22:21
Segundo vén de confirmar o Sergas, este venres rexistráronse tres falecementos en toda a comunidade autónoma de persoas diagnosticadas de coronavirus. Dous deles tiveron lugar no hospital de Verín: un home de 95 anos e unha muller, con 87.
Ambos tiñan patoloxías previas. O terceiro falecido en Galicia rexistrouse no Complexo Hospitalario de Pontevedra.