13 de agosto de 2021, 22:52
O Sergas vén de comunicar unha nova morte dun ancián de 81 anos ingresado no Hospital de Verín e que fora diagnosticado de Covid.
Nas últimas 48 horas faleceron catro persoas en toda a comunidade autónoma: a primera, o pasado día 11 de agosto, de 63 anos, na clínica viguesa de Povisa. Onte, xoves 12 de agosto, finou unha muller de 91 anos no CHUAC (Complexo Hospitalario da Coruña), e o varón de 81 anos hospitalizado no comarcal verinense.
Hoxe falecía unha muller de 80 anos no CHUAC.
Todos eles tiñan patoloxías previas á diagnose da Covid.