martes 28/09/21
Monterrei tamén incrementa a conta nun positivo

CORONAVIRUS VERÍN | Dous novos casos en Vilardevós, con Verín e Riós estables

O alcalde de Vilardevós, Manuel Cardoso, someténdose á PCR. | FOTO: M. Ceballos.
O alcalde de Vilardevós, Manuel Cardoso, someténdose á PCR no cribado realizado no municipio. | FOTO: M. Ceballos.

Certa estabilidade neste luns 2 de agosto de 2021 no que a casos activos de coronavirus atinxe. Só dous municipios da contorna incrementan o número de positivos, Vilardevós -dous novos- e Monterrei, que cun máis chega aos 28. 

Verín semella non querer superar a barreira dos 100 casos activos. Hoxe rexistra 97, dous menos dos contabilizados esta fin de semana. 

Así queda a estadística na comarca de Verín:

  • Verín: 97 casos -dous menos-
  • Monterrei: 28 -un máis-
  • Riós: 19
  • Vilardevós: 8 -dous máis-
  • Castrelo do Val: 6 
  • Laza: 2
  • Cualedro: 1

CORONAVIRUS VERÍN | Dous novos casos en Vilardevós, con Verín e Riós estables
comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade