jueves. 25.04.2024
Centro de Salud de Laza.
Centro de saúde de Laza.

Novos datos proporcionados polo Servizo Galego de Saúde no día de hoxe sobre a incidencia da Covid-19 na comarca, que arestora conta cun total de 52 contaxiados

A tendencia na maioría de concellos está á baixa excepto en Laza, que incrementa un positivo nestas últimas 24 horas. Cualedro e Verín rexistran descensos e, tal e como adiantaba onte este medio, Vilardevós súmase a Riós e xa son os únicos dous municipios con influencia cero.

Os casos xerais quedan así:

  • Verín: 38 (-1)
  • Laza: 5 (+1)
  • Cualedro: 4 (-1)
  • Monterrei e Oímbra: 2
  • Castrelo do Val: 1
  • Vilardevós: 0 (-2)
  • Riós: 0

CORONAVIRUS VERÍN | Tendencia á baixa na comarca excepto en Laza que suma un positivo