Venres. 29.03.2024
Un sanitario entrega un tubo de muestras a uno de los verinenses que acudieron a la cita. | FOTO: Iván Iglesias.
Un sanitario entrega un tubo de mostras a un dos verinenses que foron chamados ao cribado do pasado mes de decembro. | FOTO: Iván Iglesias.

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar, esta mesma tarde, o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos de Vilanova de Arousa, Cualedro e Carballeda de Valdeorras.

Así mesmo, o comité tamén determinou o nivel alto de restricións nos concellos de Petín, Muíños, Verea, A Merca, Meira, O Grove, Ribadumia, Marín, Meaño, Meis, Ponteareas, Salceda de Caselas, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Cambre e Coristanco.

Verín mantén o seu nivel e Xinzo sobe un chanzo

Ademais, as medidas do nivel medio rexerán nos termos municipais de Lobeira, Lobios, Verín, Cartelle, Xinzo de Limia, O Barco de Valdeorras, Trabada, Barreiros, Chantada, Cambados, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa, Poio, Cangas, Gondomar, Vigo, O Porriño, Nigrán, Tui, Rianxo, Mesía, Carnota, Carral, A Laracha, Betanzos, Carballo e Ares.

No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro venres, 30 de abril.

Cribado este sábado a 3.000 persoas na lonxa

Como xa adiantou este diario, o vindeiro sábado están citadas unhas 3.000 persoas para participar no cribado masivo que o Sergas vén de anunciar en Verín, este sábado día 1 de mayo, na lonxa agropecuaria da vila. 

CORONAVIRUS VERÍN | Cualedro seguirá pechado o venres e Verín manterase no nivel medio...