martes 28/09/21
Baixan Cualedro, Monterrei e Verín

CORONAVIRUS VERÍN | Seis casos menos na comarca

O control previo á vacina no hospital de Verín. | FOTO: M. D.
O control previo á vacina no hospital de Verín. | FOTO: M. D.

Trala estabilidade dos últimos días e a inminente despedida da quinta vaga da pandemia, os casos positivos na nosa comarca experimentan un descenso, tal e como mostran os datos oficiais do Sergas no día de hoxe.

Tres concellos, Cualedro, Monterrei e Verín perderon casos nas últimas 24 horas, o que implica seis positivos menos na totalidade da comarca, que arestora conta con 39 contaxiados.

  • Verín: 27 (-4)
  • Riós: 3
  • Cualedro: 3 (-1)
  • Laza e Oímbra: 2
  • Castrelo do Val: 1
  • Monterrei: 1 (-1)
  • Vilardevós: 0

CORONAVIRUS VERÍN | Seis casos menos na comarca
comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade