martes. 23.04.2024
Centro de Salud de Laza.
Centro de saúde de Laza.

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia decidiu elevar ao concello de Laza a un nivel máximo de restricións e quedará pechado de forma perimetral. O número de casos activos en Laza son seis positivos recoñecidos polo Sergas, que corresponden a veciños con cartilla sanitaria no centro de saúde da localidade. Non obstante, dende o Concello confirman a existencia de cinco casos máis, que fan un total de 11, seguramente inscritos noutros concellos.

Súmase así ao concello de Cualedro que se mantén neste nivel con 17 casos activos, un máis que no día de onte. Xa o adiantaba así o alcalde de Laza, Moncho Barreal, a un equipo do Diario do Támega, mostrándose partidario a esta decisión.

Ademáis, as medidas do nivel medio continuarán no concello de Verín, onde os casos activos seguen en 23. Todas estas medidas entran en vigor desde as 00:00 horas do vindeiro luns 3 de maio.

Os datos da Covid-19 nos outros concellos do distrito sanitario están así:

  • Castrelo do Val, Riós, Vilardevós e A Mezquita: 1 caso activo
  • Monterrei e Oímbra: 0 casos

 

Cribado en Laza

O alcalde tamén ratificou que este luns se vai celebrar un cribado no concello ás 15:30 horas no pavillón do Toural co obxectivo de detectar novos casos asintomáticos. Serán convocadas 400 persoas de entre 16 e 74 anos de forma aleatoria. Tamén se vai seguir durante a mañá de hoxe coa realización de probas de antíxenos no centro de saúde da localidade.

Axuda á hostalería

Por outra banda, admitiu estar en elaboración dunha proposta para axuda ao hostaleiros (como eximir certos impostos) que onte pecharon as súas portas voluntariamente. 

CORONAVIRUS VERÍN | O Concello de Laza, en nivel máximo de restricións