viernes. 19.04.2024
Colas para a vacina no hospital de Verín, correspondentes a outra franxa de idade. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Colas para a vacina no hospital de Verín, correspondentes a outra franxa de idade. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

Chegou a quenda de vacinación das persoas menores de 30 anos en Galicia. Mañá, 27 de xullo, será o primeiro día de vacinación deste grupo, do que están citadas 5.900 persoas en toda a nosa provincia. Serán inoculadas en horario de mañá e de tarde cunha das dúas vacinas autorizadas para esta franxa de idade: Pfizer ou Moderna.

400 chamados corresponden ao centro hospitalario de Verín, 500 ao hospital comarcal de Valdeorras, e as restantes 5.000, a Ourense cidade, que serán vacinados no recinto de Expourense. 

Só pola mañá, tamén están incluídas peticións de autocita para persoas de entre 16 e 19 anos e repesca de persoas que non foron vacinadas na súa quenda correspondente.

A inmunización dos máis novos coincide cun forte avance da pandemia que, no día de hoxe, alcanza os 108 casos positivos en toda a comarca de Monterrei.

 

CORONAVIRUS VERÍN | Comeza a vacinación dos mozos de entre 20 e 29 anos