luns 06/12/21
No hospital comarcal só están ingresados, este venres, tres persoas

CORONAVIRUS VERÍN | 47 anos, a media de idade do paciente covid nesta cuarta onda en Ourense

Viais da vacina AstraZeneca.

Da análise dos datos de casos activos de Covid - 19 a día de hoxe, 271, na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, determínase que a enfermidade prevalece lixeiramente entre os homes (o 52,8%) cunha media de idade de 47,6 anos, sendo o máis habitual pasar a enfermidade no domicilio, o 89,3%, e con seguemento por parte do Centro de Saúde ou do Equipo de Seguemento Compartido de Atención Hospitalaria (ESCAH) e sen necesidade de ingreso.

Tres hospitalizados aínda no Hospital de Verín

A idade media entre os pacientes con complicacións graves da Covid - 19, e que requiren ingreso é a día de hoxe de 68,9 anos, cunha mínima presenza de maiores de 80 anos. Do total de 271 casos positivos rexistrados en Ourense, só son 18 os pacientes ingresados en planta a día hoxe, 15 no Hospital Universitario de Ourense e tres no de Verín
Esta idade media é lixeiramente inferior entre os pacientes ingresados nas Unidades de Críticos, 11 a data de hoxe, cunha media de 63,1 anos. 

Os maiores xa viven sen medo


En canto a distribución por tramos de idade destaca especialmente a baixa porcentaxe de contaxios diagnosticados entre maiores de 80 anos: 4,8%, que pasan a ser o grupo con menor incidencia a nivel global, en contraste coas tres primeiras ondas anteriores da pandemia, nas que foron o colectivo máis afectado, tanto en número de contaxios como na gravidade destes. 


Así a distribución por tramos de idade cos datos a día de hoxe son os seguintes:

  • maiores de 80 anos: 4,8%, ou o que é o mesmo, 13 persoas;
  • 70 a 79: 12,5%, 34 persoas;
  • 60 a 69: 17,3%, 47 persoas;
  • 40 a 59 anos: 29,9%, 81 persoas;
  • 18 a 39 anos: 24,8%, 67 persoas;
  • e menores de 18: o 10,7%, 29 persoas.

Ao igual que en ondas anteriores, mantense un lixeiro maior número de casos entre os homes, 143, fronte a 128 entre mulleres, cunha idade media algo menor entre os homes, 46,3 anos, fronte aos 48,9 das mulleres.

CORONAVIRUS VERÍN | 47 anos, a media de idade do paciente covid nesta cuarta onda en...
comentarios