jueves. 25.04.2024
Verinenses facendo cola para solicitar servizos no CribaBus. | FOTO: María Dapía.
Verinenses facendo cola para solicitar servizos no CribaBus. | FOTO: María Dapía.

O CribaBus volveu este sábado a estacionarse na praza García Barbón de Verín. Nel realizáronse 120 probas de antíxenos, e só se detectou un positivo. Curiosamente foi o único de toda a provincia dos 390 tests realizados en Ourense: os 120 na vila verinense, 112 no Espazo Xove ourensán e 158 máis no CribaBus enviado ao Barco de Valdeorras. 

Ao igual que acontecera o pasado sábado, moitos foron os usuarios do Sergas que se achegaron ata a praza, de novo, para realizar algúns dos trámites administrativos que tamén se poden socilitar neste CribaBus, como son a expedición dos certificados de vacinación, de negatividade, de ter superada a Covid - 19 ou mesmo a tramitación de altas rápidas no sistema de saúde galego para aquelas persoas con residencia fóra da comunidade autónoma. 

CORONAVIRUS VERÍN | As 390 probas de antíxenos realizadas na provincia deixan un só...