Xoves. 30.06.2022

Oímbra vén de colocar o seu contador a cero casos activos, logo de perder, segundo os datos feitos públicos polo Sergas, o único positivo que lle quedaba o pasado venres. 

Boas novas tamén en Monterrei, que perde tamén nas últimas 72 horas a metade dos seus positivos, pasando dos 24 que tiña o pasado venres aos 11 rexistrados este luns. 

Tamén Verín segue na liña descencende. Rexistra 70 casos activos, oito menos dende o día 25 de febreiro. 

Así comeza a semana na que remata o Entroido:
 

  • Castrelo do Val: cinco (un máis dende o venres)
  • Cualedro: tres (rebaixa dous dende o venres)
  • Laza: seis
  • Monterrei: 11 (13 casos menos dende o día 25)
  • Oímbra: cero (un caso menos)
  • Riós: catro (un caso máis) 
  • Verín: 70 (oito positivos menos)
  • Vilardevós: catro (un positivo menos)
  • A Gudiña: dous (perde dous dende o venres)
  • A Mezquita: tres

CORONAVIRUS | O Entroido pode ca Covid: Verín baixa 8 casos na fin de semana
comentarios