11 de junio de 2020, 1:25
Ás doce do mediodía, a veciñanza que así o decida, está convocada a participar na concentración diante das portas do Hospital de Verín, para reivindicar un trato moito máis xusto por parte do Servizo Galego de Saúde (Sergas) ao seu persoal contratado.
A cita, aínda que está organizada pola Comisión Delegada do centro hospitalario, servirá tamén para a presentación pública dos integrantes da sección comarcal do colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita, un dos máis maltratados pola política de xestión de recursos humanos do ente responsable da sanidade pública galega.