viernes. 19.04.2024
Centro de Saúde de Riós. | FOTO: Recuperada.
Centro de Saúde de Riós. | FOTO: Recuperada.

Seguen á baixa os casos de Covid na comarca, tamén este martes, mantendo a drástica redución de positivos que xa se rexistrou onte luns con respecto aos contabilizados antes da fin de semana. 

Verín perdeu, en 24 horas, cinco novos casos activos, logo de pasar do venres ao luns de 117 a 79 diagnósticos. Oímbra é outro dos concellos que reduce a máis da metade os positivos. Hoxe martes só contabiliza dous. Só Riós e A Gudiña van á contra, cun pequeno ascenso en cada lugar. 

Velaí os datos deste martes 22 de febreiro, coa esperanza de superar Compadres sen repuntes:
 

  • Castrelo do Val: dous
  • Cualedro: oito
  • Laza: seis
  • Monterrei; 20
  • Oímbra: dous
  • Riós: tres (anota un caso máis dende onte)
  • Verín: 74
  • Vilardevós: catro
  • A Gudiña: tres (rexistra un caso máis dende onte)
  • A Mezquita: tres

Confirmada a tendencia á baixa de positivos a dous días de Comadres