O Conservatorio de Música Profesional de Verín, coa colaboración da ANPA (Asociación de Pais e Nais de Alumnos), invita ao alumnado do centro a unha charla para conmemorar o nacemento de Rosalía de Castro. A reunión será o venres día 26 de febreiro, ás 20:00 horas, por vía telemática, a través da plataforma Google Meet.
A videoconferencia será impartida polo grupo Clásicos Libres, formación internacional de músicos de influencia clásica liderada polas irmás galegas Adriana e Ánxela Arias. Falarán sobre a súa música, baseada en poemas de Rosalía, anécdotas sobre a súa traxectoria e ofrecerán un amplio abanico de temas musicais.
A conversa abrirase ás 19:45 horas e poderase acceder por medio da ligazón meet.google.com/qug-kqun-ods, aínda que Diario do Támega retransmitirá integramente o encontro telemático dende a súa páxina de Facebook.