jueves. 25.04.2024
Un voluntario entrega alimentos a unha anciá.
Un voluntario entrega alimentos a unha anciá.

O Concello de Verín, por medio do departamento de Servizos sociais e da Oficina Xuvenil/Omic, pon en marcha o proxecto "Vivir ben, sentirse mellor", subvencionado pola Consellería de Política social e que está dirixido á comunidade local.



A iniciativa persegue a creación dun voluntariado sénior (persoas de 55 ou máis anos) que estean dispostas a colaborar responsable e solidariamente na cobertura das necesidades comunitarias e programas sociais como poden ser o de axuda alimentaria, a animación e promoción do ocio saudable nas persoas maiores, as novas actividades adaptadas ao escenario Covid-19, etc.. 

Aqueles interesados en formar parte deste voluntariado poden dirixirse á Casa da Xuventude (Avda. de Portugal, 11-bis, de Verín) en horario de 09:00 a 14:00 horas para a correspondente información e inscrición, ou ben chamando ao número de teléfono 988 41 47 76.

O Concello de Verín procura voluntarios de 55 ou máis anos para potenciar programas...