sábado. 20.04.2024
Un dos tótems que xa está instalados nas rúas de Verín.
Un dos tótems que xa está instalados nas rúas de Verín.

Con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, en Verín levaranse a cabo unha serie de actividades impulsadas polas entidades sociais: FEMURO, CDR Portas Abertas, Asociación Feminista Nosas e Marcha Mundial das Mulleres, en colaboración co Concello de Verín e coa Asociación de Empresarias/os de Verín. Estas accións, que terán lugar nas rúas, teñen como obxectivo mostrar e recordar que o movemento feminista continúa moi vivo a pesar da situación social e sanitaria.

A acción máis visible será a selección de fotografías ubicadas nos lugares que acolleron a manifestación. É dicir, principalmente, na Praza García Barbón, onde terán lugar outras iniciativas coa mesma finalidade.  Recordando a manifestación organizada por Galegas 8M que atraeu a 6000 persoas, manterase o lema empregado o ano pasado: “Sen coidados non hai vida”.

undefinedCartel 2020 manifestación unitaria do 8M baixo o lema “Sen coidados non hai vida”. | FOTO: Concello de Verín.

Tamén se pide a participación cidadá poñendo nos seus balcóns prendas violetas ou carteis reivindicativos. Na mesma liña, o Concello colocará paneis nas principais rúas, nos que se poderán ler mensaxes feministas. Por outra parte, a Asociación de Empresarios e Empresarias de Verín únense á iniciativa decorando os escaparates con motivos feministas.

O Concello de Verín, Aever e varias entidades sociais reivindicarán o feminismo con...