Xoves. 28.03.2024
Gráfica da evolución dos casos activos no concello de Verín na última semana.
Gráfica da evolución dos casos activos no concello de Verín na última semana.
O Concello de Verín vén de facer pública a curva dos casos activos rexistrados no seu municipio -non no resto da comarca de Monterrei- dos últimos sete días, dende que se coñeceu que o Servicio Galego de Saúde rebaixaba da fase ao seu territorio. 
A día de hoxe venres son, segundo fontes municipais e sanitarias, 46 os casos activos que se rexistran, é dicir, 46 persoas foron positivo nas probas diagnósticas e aínda non superaron o periodo de corentena que os fai seren contabilizados como xa non activos, porque o criterio do Sergas no caso de que se detecte un positivo é mantelo en confinamento durante 14 días, sen realizarlle unha nova proba para descartar que superou a enfermidade, agás en casos nos que a súa clínica así o esixa. É dicir, que se vostede é positivo asintomático diagnosticado hoxe, deberá respectar a corentena no seu domicilio realizando un confinamento estrito é, pasados os 14 días, será considerada unha persoa san. 
Os datos que me amosan na gráfica corresponden só ao concello de Verín, non aos seus limítrofes, aínda que poden sufrir algunha alteración coa realidade: o Sergas toma os positivos dos centros de saúde, o que implica que, como xa ocorreu, haxa positivos que estén residindo en Verín pero que teñan o seu médico noutro Concello e, á inversa, que non residindo en Verín, si teñan ao seu facultativo no ambulatorio local. 
Con todo, o Concello de Verín pretende con esta gráfica que se actualizará semanalmente, "ir vendo a evolución da pandemia, porque informar dos casos puntuais ao día é difícil, pois os resultados de novos positivos estanse a saber a calquera hora", din fontes municipais. 

O Concello de Verín notifica 46 casos activos de coronavirus no seu municipio