Venres. 29.03.2024
PHOTO-2021-02-10-13-30-08 (3)
Cartel coa imaxe dun Cigarrón na Praza García Barbón de Verín. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

O Concello de Verín quere recordar a todos os veciños que, a causa da Covid-19, o Entroido 2021 está en pausa. Isto é o que se pretende coa colocación dun panel de grandes dimensións na Praza García Barbón.

PHOTO-2021-02-10-13-30-08 (4)Cartel coa imaxe dun Cigarrón na Praza García Barbón de Verín. | FOTO: Xosé Lois Colmenero. 

Dende este mediodía luce unha gran pancarta de 7 metros de largo por 6 de alto, coa imaxe dun Cigarrón, símbolo do Entroido verinés. Así mesmo, a imaxe conta cun botón de pausa que reflexa un ano sen esta tradicional celebración. Segundo declaracións do propio concello esta idea ''quere simbolizar, coa presencia da figura central do noso querido ciclo festivo, que todos estamos alí, aínda que cada un desde o noso corazón, cumprindo coa nosa responsabilidade para voltar con máis forza cando sexa posible''.

Quere simbolizar que todos estamos alí, aínda que cada un desde o noso corazón, cumprindo coa nosa responsabilidade para voltar con máis forza cando sexa posible (Concello de Verín)

IMG20210210131827Veciños do Concello de Verín, co alcalde Gerardo Seoane -segundo pola dereita- diante do cartel coa imaxe dun Cigarrón na Praza García Barbón. | FOTO: Concello de Verín. 

Tamén sinalan que, ''pause non é stop, senón agardar, reservar, aplazar, postergar, demorar, prorrogar, pero en ningún caso abandonar''. Por iso, ''a mellor homenaxe que se lle pode facer á nosa celebración máis querida é cumplir coas normas sanitarias''.

A mellor homenaxe que se lle pode facer á nosa celebración máis querida é cumplir coas normas sanitarias (Concello de Verín)

O Concello de Verín lembra que o Entroido está en pausa coa colocación dun gran cartel...