martes. 23.04.2024
O alcalde de Verín, reunido cos responsables dos supermercados de Verín.
O alcalde de Verín, reunido cos responsables dos supermercados de Verín.

Esta mañá, o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, reuniuse na casa do concello cos responsables de varios supermercados da vila para expoñerlle o seu novo proxecto piloto de reciclaxe de envases. Consistirá na instalación de máquinas de recollida selectiva que ofrecerán un incentivo ecolóxico a cambio da reciclaxe de latas e envases de plástico e vidro.

O principal obxectivo desta iniciativa será incrementar as taxas de reciclaxe coa finalidade de diminuír o impacto medio ambiental e económico que supón o lixo por bolsa negra. "Estamos a falar de que, con esta medida, poderiamos reducir ao redor dun 20 por cento o lixo sen reciclar que se entrega a Sogama, logrando un importante aforro económico, así como un gran beneficio para o medio ambiente", concretou Gerardo Seoane.

O funcionamento deste sistema será moi sinxelo. O usuario depositará os seus envases nos sistemas de recollida e recompensa, obtendo, segundo o número de elementos que recicle, boletos de participación para un sorteo semanal de 300 euros en metálico. "Tras a boa acollida da iniciativa obtida hoxe na reunión con representantes das diferentes empresas de distribución alimentaria -así como a súa disposición para colaborar-, estudaremos a natureza final deste incentivo ecolóxico que se consultará coas autoridades da Sociedade Estatal de Loterías do Estado para establecer o seu formato final", explicou Seoane.

300 euros de premio por depositar envases de plástico e vidro nas novas máquinas de Verín