jueves. 25.04.2024
trompo1
Os vándalos están deteriorando todos os estacionamentos disuasorios arranxados.

A colaboración cidadá e algunhas das cámaras de vixiancia instaladas nos estacionamentos disuasorios atacados logo de que se deran os primeiros actos vandálicos no que está ubicado frente ao consistorio verinense, foron determinantes para identificar aos conductores infractores.

O Concello de Verín aportará á Garda Civil todas as probas das que dispón para denunciar aos conductores dos vehículos que de xeito sistemático nos aparcadoiros disuasorios da vila están practicando maniobras na escuridade estragando as reparacións que en al menos catro de eles se levaron a cabo. 

Varios vídeos gravados por particulares, así como as cámaras de gravación instaladas nalgúns dos estacionamentos logo de coñecerse a agresión a un deles, serán aportados polo grupo de Goberno municipal aos axentes da Garda Civil de Verín na formulación da oportuna denuncia que xa se prepara para dar coa identidade dos infractores. 

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, consultado polo particular, asegurou que dende o "Concello de Verín se lle reclamará oportunamente o desembolso de todos os danos ocasionados nos aparcadoiros danados, con independencia da pena que lle poidera corresponder polo seu comportamento". 

O Concello de Verín porá en coñecemento da Garda Civil os actos vandálicos nos...