Martes. 19.03.2024
Fachada de Almacenes Recaredo Romero, en la avenida Luis Espada de Verín.
Fachada de Almacenes Recaredo Romero, en la avenida Luis Espada de Verín.

Verín está a piques de converterse nun referente internacional da música tradicional do Arco Atlántico europeo, así como da cultura e da difusión do folclore europeo. O Concello prepara a exposición permanente da que posiblemente é a colección privada máis importante de gaitas do mundo, xunto con importante documentación, fondos sonoros e manifestacións artísticas relacionadas, que servirán para crear o Museo Internacional da Gaita.

A importancia histórica da música tradicional, concretamente da gaita, na comarca de Monterrei xa fora estudiada polo musicólogo e director da Real Banda de Gaitas de Ourense Xosé Lois Foxo en numerosas ocasións, dada a abundancia de testemuñas desde a Idade Media, a presencia de gaiteiros no retablo da Igrexa dos Remedios (obxecto hai tres anos da exitosa exposición "Verín, En Clave de gaita" no Museo do Claustro Mercedario) e a actual vocación gaiteira no Val do Támega.

Agora, o Concello de Verín e Xosé Lois Foxo veñen de chegar na vila a un acordo de colaboración para crear o Museo Internacional da Gaita, que sirva para expoñer a colección privada internacional máis importante do mundo de cornamusas e todas as tipoloxías deste instrumento, que reúne os mellores exemplares que se conservan de todos os países do planeta no que está presente esta manifestación musical.

O consistorio e Xosé Lois Foxo ultiman un modelo de cooperación para acoller tan importante fondo -que abrangue os mellores estudos, documentación e gravacións da historia da música folk galega desde que o histórico estudoso Fourier comezase a recompilar as cantigas tradicionais con notación musical- que permita albergar, conservar, difundir e interpretar os centos de pezas que abrangue a colección.

Revitalizar a obra do arquitecto Gulías

 

Dada a amplitude da colección, que supera con moito as posibilidades do actual Museo do Claustro Mercedario, espazo que xa recibiu máis de 30.000 visitas en tres anos, o Concello rehabilitará o antigo edificio dos almacenes Recaredo Romero, obra do arquitecto Daniel Vázquez Gulías. O novo espazo suporá a creación do Museo Municipal de Verín propiamente dito, e aproveitará as magníficas condicións expositivas do antigo comercio téxtil verinés, revitalizando unha das mellores construcións do arquitecto que tamén fixo, en Verín, o Balneario de Cabreiroá ou o da Illa de A Toxa.

Interior de los Almacenes Recaredo Romero, obra del arquitecto Vázquez Gulías.
Interior de los Almacenes Recaredo Romero, obra del arquitecto Vázquez Gulías.

 

O ambicioso proxecto, que procurará a financiación europea dos Fondos Next Generation, complementará o Museo Internacional da Gaita con espazos e fondos culturais adicados á divulgación da riqueza patrimonial e medioambiental da comarca de Monterrei, e á captación de recursos turísticos sostibles (obxecto de gran parte das convocatorias dos novos fondos europeos) que aporten recursos á economía local.

Un patio interior para concertos

 

O novo espazo do Museo Municipal de Verín sumarase ao proxecto de apertura de espazos da Parroquia de Santa María a Maior como elemento dinamizador do casco vello verinés, ao articular no entorno da Rúa Maior e da Praza de García Barbón un potente atractor de público, que no caso do colección de gaitas atraerá a numerosos visitantes internacionais. O edificio conta cunha conexión coa Rúa Maior, que o Concello habilitará para posibilitar, así mesmo, adicar o espazo central -patio- para concertos e a antiga adega para ampliar as instalacións museísticas de divulgación dos viños de Monterrei do Museo do Claustro Mercedario.

O Concello de Verín convertirá ao emblemático edificio de Almacenes Recaredo Romero no...