
O Concello de Verín anuncia a ampliación do período de venta das súas ''mascarillas entroideiras'', debido á gran demanda experimentada na última semana. O deseño foi elaborado pola artista local Aurora López.
Emilia Somoza, concelleira de Educación, Cultura e Festexos, explicaba esta decisión afirmando que ''dende que se puxeron á venda o pasado luns, ata hoxe, vendéronse máis de 500 máscaras. Por iso, ampliaremos un par de días máis, os vindeiros luns e martes, o período de venda''.
Dende que se puxeron á venda o pasado luns, ata hoxe, vendéronse máis de 500 máscaras (Emilia Somoza, concelleira de Educación, Cultura e Festexos)
Estes cubrebocas poden mercarse na taquilla exterior do Pavillón Municipal de Deportes por un prezo de cinco euros, ata o próximo martes 16 febreiro. O sábado e domingo permanecerá pechado.
Horario:
- Pola mañá: de 10:00h a 13:00h
- Pola tarde: de 16:00h a 18:00h