
18:42 do 4 de novembro de 2022
Os días 9, 10 e 11 de decembro, o Concello de Verín organizará na Praza Maior a súa Feira de Nadal. As persoas interesadas en participar na mesma deberán enviar a organización as ideas e propostas do seu produto así como da decoración do seu stand.
Todos os expositores interesados en instalar unha caseta na feira xa poden formalizar, dende este venres, a súa inscrición atendendo as seguintes condicións de participación:
- Días: 9, 10 e 11 de decembro. O luns, 12 de decembro, de mañá, a participación será voluntaria e gratuíta para os expositores que queiran, coincidindo coa feira da vila.
- Horario de apertura: 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
- Cota de participación: 45 euros (pagando en efectivo na Tesourería do Concello de Verín ou por transferencia bancaria, no número de conta de Abanca ES11-2080-3567-6230-4000-1312.
- As solicitudes deberán ser formalizadas antes do 20 de novembro de 2022.
- A Folla de Inscrición e os xustificantes bancarios ou recibís de pago en efectivo entregaranse por un dos seguintes medios:
- No Rexistro do Concello de Verín -no andar baixo da casa consistorial (Praza do Concello, s/n.), no rexistro.
- Por correo electrónico: [email protected]
- Por Sede Electrónica do Concello de Verín: https://verin.sedelectronica.gal.
- A temática desta feira é navideña, polo cal os participantes deberán enviar á organización as ideas e propostas do seu produto e decoración do seu stand.
- A organización resérvase o dereito a non incluír as inscricións que non cumpran coa temática.
- É importante que os expositores amosen e se comprometan con produtos ambientados na temática navideña elaborando cestas navideñas e embalaxes, luces, envases, envoltorios típicos do nadal. A organización está aberta a propostas e ideas que teñan os participantes para os seus stands.
- Dada a limitación de espazo para expor os produtos, realizarase a asignación de postos por selección temática. É importante que unha vez sexa seleccionado o candidato, se realice o pagamento no prazo máximo de 5 días.
- A inscrición será efectiva unha vez enviada a folla de solicitude en prazo e realizado o pagamento en prazo, tras ser aceptado pola organización.
- Os participantes traerán os seus taboleiros e mobiliario necesario para expor os seus produtos.
- Permítese a degustación de produto navideño.
- A decoración navideña do stand e do mobiliario corre a cargo do expositor.
- É moi importante que se manteña a limpeza dentro do stand tal cal como se entrega o primeiro día.
- A carga e descarga de mercancía realizarase dun xeito organizado, sen interromper a resto de expositores, viandantes, resto de coches, etc... Mantendo libre os vados e aparcamentos. Deberá facerse antes e despois dos horarios de apertura e peche da feira.
- Os/as participantes son responsables dos produtos vendidos e da súa calidade e serán obrigados a indemnizar a calquera comprador/a que lles vendan produtos sen calidade.
- A organización non se responsabiliza dos danos ou desaparición de obxectos dos stands durante o horario de funcionamento do evento.
- A reposición de mercadoría, durante o horario de funcionamento do evento, deberá ser comunicada a organización para a correspondente autorización.
- É obrigatoria a presenza dunha persoa mínimo no respectivo stand 5 minutos antes da hora de apertura e ata a hora de peche ou ampliación de horario por afluencia de público.
- O/a participante non pode ceder a calquera, ben a título oneroso ou gratuíto, o seu dereito de ocupación do espazo.
- O participante comprométese a participar durante os tres días de feira, así como durante toda a xornada nos horarios indicados.
- Este ano, o luns día 12, ao coincidir coa feira de Verín, poderá o expositor participar tamén de mañá de maneira gratuíta e voluntaria.